Monday 20 de May de 2024

Sesións de Alfabetización para adultos no Concello de Ribeira


O equipo de coordinación das sesións de Alfabetización para adultos do Concello de Ribeira está conformado polo Instituto Nº1, o departamento de Servizos Sociais Comunitarios, Cruz Vermella Ribeira e Cáritas Parroquial de Ribeira, e ten como propósito promover a integración social e cultural de persoas inmigrantes da comunidade local.

Este programa de alfabetización estase levando a cabo os xoves pola mañá nas aulas dos Servicios Sociais Comunitarios, ao longo de sete semanas comprendidas entre maio e xuño. Cada sesión ten unha duración dunha hora e media e inclúe accións e discusións grupais sobre actividades da vida diaria, deseñadas para mellorar as habilidades sociais dos participantes.

Onte, o concelleiro de Servizos Sociais e tenente de alcalde, Vicente Mariño, acompañou ao grupo na súa saída á biblioteca municipal, onde atenderon a unha explicación sobre cómo empregar o servizo a cargo do bibliotecario Xoán Callón.

Este programa tamén inclúe a formación en habilidades sociolaborais e autocoñecemento, ferramentas e recursos da contorna en materia de orientación laboral, así como o desenvolvemento de habilidades para a procura de emprego.

Deja un comentario